Jueves. 13.12.2018 |
El tiempo
Jueves. 13.12.2018
El tiempo

Os dous falecidos de Sarria no corredor eran persoas apreciadas que se coñecían entre si

Accidente rexistrado no corredor este luns. J. VÁZQUEZ
Accidente rexistrado no corredor este luns. J. VÁZQUEZ

Un dos falecidos perdeu a un irmán nun incendio en 2005. A muller ferida seguía este martes na Uci do Hula

Os sarriáns amenceron este martes coa triste noticia do falecemento de dous dos seus veciños, José David Cobas Fernández, de 58 anos de idade, e Miguel Ángel Arias López, de 49, que causou un profundo pesar. Ambos eran moi apreciados na vila e, ademais, coñecíanse entre si, segundo constatan os seus achegados.

Miguel Ángel Arias, quen traballaba nunha explotación gandeira da comarca, deixa unha filla e unha neta. O seu falecemento, no interior do vehículo que se incendiou tras o accidente, trouxo á memoria a morte en 2005 dun irmán seu, quen pereceu xunto á súa parella ao arder unha vivenda na Rúa do Porvir de Sarria.

Persoa "bondadosa" en palabras de quen o coñecía, o seu funeral celebrarase este mércores, ás cinco da tarde, con saída do tanatorio Madeira ata a igrexa conventual da Mercé, tras o que recibirá sepultura no cemiterio municipal.

Unha hora antes, ás catro da tarde, partirá do mesmo tanatorio a comitiva fúnebre para despedir a José David Cobas, cuxa misa se oficiará na igrexa parroquial da nosa Señora do Rosario. A súa morte deixou tamén unha fonda consternación en Sarria, ao tratarse dunha persoa coñecida e estimada que, durante anos, estivo á fronte dun taller de reparación de electrodomésticos (Radio-Televisión Cobas) nas galerías que comunican Diego Pazos co paseo do Malecón.

No momento do accidente, a súa esposa, Pilar P.P., tamén de 58 anos de idade, viaxaba como acompañante no asento do copiloto e resultou con feridas graves a causa do impacto.

A muller, que traballa no servizo de Correos en Lugo tras exercer de carteira noutras localidades como Sarria ou Mondariz, permanecía este martes ingresada na unidade de coidados intensivos do hospital Lucus Augusti.

Os dous falecidos de Sarria no corredor eran persoas apreciadas que...