O orzamento do Concello do Incio aumenta este ano en case 400.000 euros

O pleno aprobou este martes as contas, que priorizan o gasto social
Casa consistorial de O Incio
photo_camera Casa consistorial do Incio. AEP

O Concello do Incio aprobou este martes nun pleno ordinario un orzamento para este ano de 1.811.000 euros, o que supón preto de 400.000 euros máis que o exercicio anterior.

O alcalde, Héctor Corujo, cifrou o incremento en un 29% e explicou que vén motivado por máis ingresos reais respecto do previsto en 2019 e polo crecemento das transferencias correntes.

Segundo expuxo, a partida para investimentos reais será de 356.776 euros e primarase o gasto social, de modo que os servizos sociais veranse reforzados. De igual modo, aumentará o gasto no mantemento de vías públicas, con partidas destinadas á subministración de materiais para obras.

O alcalde anunciou tamén unha subvención nominativa para promover o deporte entre os nenos e nenas do Incio, así como axudas para que as asociacións continúen realizando as súas actividades.

As contas foron aprobadas co voto do grupo de goberno do PP e a oposición do PSOE.

O rexedor engadiu que desde o Concello buscaranse axudas doutras administracións como a subvención que foi concedida polo Idae por importe de strong<> 417.982 euros para renovar a iluminación pública.

Comentarios