jueves. 19.09.2019 |
El tiempo
jueves. 19.09.2019
El tiempo

Un octoxenario falece tras caer esborrallado na rúa Calvo Sotelo

Persoal sanitario e forzas de seguridade, no lugar do suceso. PORTO
Persoal sanitario e forzas de seguridade, no lugar do suceso. PORTO
Os servizos sanitarios trataron de reanimalo, malia que non puideron facer nada por salvar a vida deste sarrián. Por outra banda, rexistrouse un incendio na rúa San Lázaro

Un home de 82 anos faleceu este xoves na vila sarriá tras caer esborrallado cando se dirixía ao seu domicilio, na rúa Calvo Sotelo, número 212, na saída cara á localidade de Samos. Ata o lugar achegáronse axentes da Policía Local e Garda Civil, ademais de persoal médico, que intentou reanimar ao home, sen éxito.

O corpo do octoxenario foi trasladado ao Hospital Lucus Augusti (Hula) de Lugo para practicarlle a autopsia e determinar a causa exacta da morte.

O tráfico tívose que regular durante uns minutos para facilitar as tarefas sanitarias e o traballo das forzas de seguridade. Na zona tamén se reuniron numerosos veciños alertados pola presenza dos efectivos de urxencia.

INCENDIO NA RÚA SAN LÁZARO

Doutra banda, axentes da Policía Local e Garda Civil, ademais de bombeiros do parque comarcal de Sarria, tamén se tiveron que desprazar na tarde do xoves para extinguir un incendio na rúa San Lázaro da vila, nas inmediacións da rotonda de enlace que comunica co corredor Nadela-Monforte e a estrada de Paradela.

Unicamente se viu afectada a maleza situada nas beiravías.

Un octoxenario falece tras caer esborrallado na rúa Calvo Sotelo
Comentarios