Nace no Incio un club moteiro para reunir os afeccionados da zona

O colectivo organizou o pasado sábado a primeira ruta e proxecta celebrar unha concentración cando mellore a situación sanitaria
undefined
photo_camera Primeira saída organizada polo club, o pasado sábado. EP

No Incio acaba de ver a luz un club moteiro, bautizado como Celtic Riders, para reunir os afeccionados deste municipio e doutros dos arredores.

O colectivo, creado hai só dúas semanas, xa conta con moteiros deste concello, Monforte ou Bóveda. Naceu porque no Incio hai "moita xente moteira", pero "saiamos sós" e decidiron crear o club, explica un dos integrantes, José Parada. "Queremos xuntarnos os afeccionados da zona e non saír sós, que é máis perigoso. Conforme a xente se vai decatando veñen para apuntarse", conta.

O proxecto está a ter "boa aceptación" e o pasado sábado organizaron a primeira ruta, "para coñecerse", que levou un grupo de afeccionados a lugares como Sarria e Portomarín.

A idea é organizar saídas pola zona e, xa a longo prazo, unha vez que a situación sanitaria polo coronavirus mellore, participar en concentracións. O motoclub tamén quere levar a cabo unha no Incio.

O colectivo foi bautizado como Celtic Riders en honra " cultura celta galega". Os interesados poden poñerse en contacto co club a través das redes sociais e animan aos afeccionados da zona a unirse. Tamén poden informarse no bar Paradis Rural da Cruz do Incio.

Comentarios