Sarria baixa ao nivel medio de restricións partir do sábado

A hostalería poderá servir no interior co 30% do aforamento
Cribado en Sarria. VILA
photo_camera Cribado en Sarria. VILA

O municipio deSarria, que se atopaba no nivel alto de restricións do covid-19 desde o 26 de xuño, pasará o vindeiro sábado ao nivel medio.

Os establecementos de hostalería poderán abrir no interior cun aforamento do 30% mentres que en terrazas seguirán funcionando ao 50%, cun máximo de dez persoas non convivientes no exterior e de seis dentro.

O Concello de Sarria considera o cambio de nivel unha boa noticia na medida en que "o foco de coronavirus está acoutado", pero recorda que non se debe baixar a garda porque a incidencia do virus é alta. Segundo datos do martes, había 60 casos.

Comentarios