sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

As mulleres do Incio concéntranse a prol da igualdade

Concentración na Praza do Concello do Incio. EP
Concentración na Praza do Concello do Incio. EP

A poeta Olga Novo deu lectura a un manifesto

As mulleres do Incio sumáronse tamén ás reivindicacións do día 8 de marzo coa celebración dunha concentración a prol da igualdade na praza do Concello.

Unhas 70 persoas responderon á convocatoria espontánea dun grupo de mulleres do Incio que quixeron apoiar, dende a montaña e dende o rural, a folga feminista.

A poeta Olga Novo deu lectura a un manifesto da súa autoría no local multiusos do Concello, onde tamén houbo cánticos reivindicativos, música de gaitas e empanadas.

"Na primeira folga feminista na historia do noso país, dende o noso pequeno recuncho do Incio quixemos formar parte deste movemento que busca a igualdade", dixeron.

As mulleres do Incio concéntranse a prol da igualdade
comentarios