Unha muller resulta ferida tras chocar un turismo contra un muro no Páramo

O accidente de tráfico produciuse pouco antes das 19.00 horas en Trebolle
Una ambulancia del 061. AEP
photo_camera Una ambulancia del 061. AEP

Unha muller resultou ferida leve nun accidente de tráfico ocorrido este mércores no concello de O Páramo, onde o vehículo no que viaxaba sufriu unha saída de vía con posterior golpe contra un muro.

O suceso produciuse pouco antes das sete da tarde no núcleo de Trebolle, en dirección Portomarín, na parroquia de San Martiño da Torre.

O servizo de Urxencias 112 Galicia recibiu aviso dun accidente no que non había persoas atrapadas e mobilizou á Garda Civil de Tráfico. Tamén alertou aos bombeiros.