domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Unha muller falece de forma repentina cando estaba no traballo nun local de hostalería

La calle Calvo Sotelo es una de las principales vías de Sarria. AEP
La calle Calvo Sotelo es una de las principales vías de Sarria. AEP
A falecida tiña 46 anos e era veciña de Láncara

Unha muller de 46 anos de idade faleceu de forma repentina na noite do pasado venres cando se atopaba desempeñando o seu traballo na cociña dun establecemento de hostalería do centro urbano de Sarria.

Ao parecer foron os seus compañeiros quen deron a voz de alerta sobre as 23.30 horas, requirindo a presenza dos servizos médicos na rúa Calvo Sotelo.

Ata o lugar desprazáronse efectivos do Punto de Atención Continuada de Sarria, así como unha ambulancia medicalizada, pero a pesar dos esforzos de reanimación por parte dos profesionais sanitarios non foi posible facer nada por salvar a vida desta persoa, quen era veciña do municipio de Láncara.

Unha muller falece de forma repentina cando estaba no traballo nun...
comentarios