A exposición itinerante sobre Xela Arias chega ao consistorio de Samos

A mostra 'Aquela nena de Sarria' está composta por doce paneis
Exposición sobre Xela Arias en Samos. EP
photo_camera Exposición sobre Xela Arias en Samos. EP

A casa consistorial de Samos acolle a exposición itinerante Aquela nena de Sarria sobre o poeta Xela Arias, á que se lle dedicou o Día das Letras Galegas deste ano.

A mostra é promovida polo colectivo Egeria co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a colaboración do Concello sarrián e a Real Academia Galega. Está composto por unha ducia de paneis, que reflicten o tempo que a escritora pasou en Sarria e Lugo.

A exposición foi inaugurada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, o presidente de Egeria, o alcalde samonense e outros membros da corporación municipal.

Comentarios