A morte dun nonaxenario eleva a 16 os falecidos da residencia do Incio

Trátase dun home de 90 anos con patoloxías previas
Exterior de la residencia de O Incio. AEP
photo_camera Exterior da residencia do Incio. AEP

Un home de 90 anos, usuario da residencia de maiores do Incio e ingresado no Hospital Lucus Augusti (Hula) tras contaxiarse de coronavirus, faleceu este martes, co que son 16 as mortes por tal enfermidade asociadas a este centro, que sofre un importante brote.

O servizo galego de saúde (Sergas) indicou que a vítima presentaba patoloxías previas

Os falecementos por mor da pandemia en Galicia son 664, con este novo caso. Na provincia de Lugo contabilizáronse 51 mortes de pacientes con coronavirus

Tras a morte deste usuario, a residencia do Incio contabiliza 80 usuarios e 33 traballadores infectados.

Comentarios