sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

Morre ao envorcar o seu tractor en Triacastela

Trátase dun veciño duns 50 anos de idade

Un veciño de Triacastela duns 50 anos de idade faleceu esta noite ao envorcar o tractor que manexaba. O accidente produciuse na parroquia de Vilavella cando a vítima traballaba nunha nave de pitos da súa propiedade. Os bombeiros do parque comarcal de Sarria recibiron o aviso do suceso sobre as 21.10 horas e desprazáronse a Triacastela para axudar no rescate do veciño.

Trátase do segundo accidente mortal na comarca tras a morte o día 22 dun sarrián alcanzado pola rama dunha árbore que podaba en Láncara.

Morre ao envorcar o seu tractor en Triacastela