Mil escolares participarán nun escape room sobre o Camiño no albergue de Lusío

Tamén poderán visitar o mosteiro benedictino de Samos e percorrer un tramo da ruta xacobea
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Nava Castro (izquierda), junto a escolares de A Gándara de Monforte, en la entrada al albergue. VILA

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou este mércores no albergue de peregrinos da Casa Forte de Lusío, no municipio de Samos, a nova edición do Escape Room no Camiño. Esta iniciativa permitirá a mil nenos e nenas de colexios de toda Galicia, desde este mes e ata finais de xuño, "aprender dunha maneira divertida a cultura xacobea".

Os escolares non só gozan de forma gratuíta do xogo de escapismo nun edificio histórico, senón tamén dunha yincana, unha ruta polo Camiño, unha visita ao mosteiro benedictino Samos ou pernoctación no propio albergue de peregrinos de Lusío.

O escape room, tamén aberto ao público adulto, repite nesta localización tras a boa acollida que tivo o pasado ano. 

Comentarios