Mesón Pontenova e hotel A Veiga gañan en Samos o décimo concurso de tapas

O certame foi organizado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios
Hotel A Veiga. GSV
photo_camera Hotel A Veiga. GSV

O mesón Pontenova e o hotel A Veiga foron os gañadores da décima edición do concurso de tapas de Samos nas categorías de proposta innovadora e tradicional, respectivamente.

O certame foi organizado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Samos, que preside José Fernández, e contou coa participación de catro negocios hostaleiros da localidade.

O mesón Pontenova foi o máis puntuado polos clientes na modalidade de tapa innovadora co seu prato 'Ó meu xeito'. Os seguintes postos corresponderon á A Veiga con 'Blanca Nieves', a cafetería España coa súa 'Montadito exprés' e Tras do Convento, que presentou a concurso 'Picaña'.

En canto á tapa tradicional, venceu a 'Turuleta' da Veiga, seguida de 'Capricho de outono' de Pontenova, "Caldo de yuca" de Tras do Convento e "Callos ao estilo Maruxa" da cafetería España.

Entre as persoas que emitiron o seu voto sorteáronse tres ceas, coas que resultaron agraciados os samonenses Óscar Campo e Manuel Gómez, e a veciña de Triacastela Xeila Carballo.

comentarios