Mercadona converte a súa tenda de Sarria nun modelo para reciclaxe

O supermercado é un dos catro de Galicia do proxecto 6.25 para redución de plásticos e residuos
photo_camera Rocío González, traballadora da tenda, e Nery González, coordinadora, nunha zona de reciclaxe. EP

Mercadona elixiu a tenda de Sarria para pór en marcha na provincia de Lugo a súa estratexia 6.25 para a redución de plásticos e residuos. O supermercado sarrián é un dos catro de Galicia nos que se implanta este modelo para fomentar a reciclaxe nas súas instalacións e, ao mesmo tempo, axudar ao cliente no coidado do planeta.

A tenda piloto comezou a funcionar este xoves xunto coa de Ourense, mentres que o día 21 farano as da Coruña e Cambados. Para iso houbo que substituír cartelería, instalar colectores para a reciclaxe e formar á trintena de traballadores do supermercado, que foi seleccionado por dispor da sección "Listo para comer" e estar incluído no modelo eficiente, o que motivou unha serie de reformas hai un ano.

Os clientes desta primeira xornada recibiron como obsequio un imán para a neveira no que se informa de como separar e onde depositar cada residuo. Ademais, atopáronse no supermercado cunha serie de colectores e papeleiras para a reciclaxe, entre os cales chamou especialmente a atención o de cápsulas de café, segundo comenta a coordinadora de planta, Nery González.

Outro dos distintivos do modelo de tenda 6.25 é a eliminación das bolsas de plástico dun só uso en todas as seccións. Deste xeito, en pescadería, charcutería, frutería e forno empréganse bolsas compostables ou reutilizables. Tamén se retiran desechables de plástico dun só uso e incorpóranse pictogramas para axudar aos clientes a depositar os restos nos colectores adecuados.

Colectores para as cápsulas de café e bolsas compostables son algunhas medidas

A cartelería que foi instalada informa o consumidor sobre aqueles produtos que conteñen material sostible, como nova botella de zume de laranxa espremido, fabricada na súa totalidade con plástica reciclaxe, segundo sinalan desde a compañía.

A modo de exemplo, citan tamén a substitución do stick de plástico por papel nos bastoncillos de algodón. Tampouco hai plástico xa envolvendo o enjuague bucal nin no enxoval, mentres que as cápsulas de café preséntanse en envases de cartón.

O obxectivo final destas e outras accións é a diminución do uso do plástico nun 25% de aquí ao ano 2025. Nese horizonte proponse tamén que todos os seus envases de plástico sexan reciclables e reutilizar todo o residuo deste tipo que xeren.

Comentarios