sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

Mensaxe aos vándalos de Sarria

Cartel colocado por las responsables de la floristería en el exterior del negocio, en la Calle Marías López. VILA
Cartel colocado polas responsables da florería no exterior do negocio, na rúa Matías López. VILA
Unha florería coloca un cartel dirixido a quen rompen ou rouban as plantas, un problema que tamén detecta o Concello
O vandalismo en Sarria non só ataca o mobiliario urbano, senón que as plantas son outro dos seus cobizados obxectivos. Tal é o interese dos "amantes do alleo" por danar ou subtraer estes elementos ornamentais que embelecen a contorna que unha florería da vila decidiu deixarlles unha mensaxe en forma de cartel no exterior do local.

"Dicirvos que as plantas que están fóra dos negocios, do mesmo xeito que as que adornan as nosas rúas, son para o goce de todo aquel que pasee por elas, non para o seu uso e goce persoal. Polo tanto, rogariámosvos que deixedes de romper ou roubar as plantas que tanto traballo nos custa sacar adiante", escribiron as responsables da florería Esther, da rúa Matías López.

É a segunda vez que colocan este cartel porque o primeiro durou só unhas horas. O establecimiente sofre con frecuencia a acción de persoas que se dedican a descabezar as plantas ou causarlles outros danos, un problema que afecta tamén a outros negocios con elementos decorativos exteriores e ás flores que planta o servizo de medio ambiente do Concello.

O concelleiro responsable desta área, Pedro López Quiroga, é testemuña de como desaparecen a miúdo dos maceteros repartidos polas vías públicas. "É un feito que se comproba facilmente. Había xardineiras que tingan catro plantas e agora teñen tres e un oco", sinala o edil, quen atribúe a maioría destes feitos a un "vandalismo puro e duro, por facer dano", aínda que cre que tamén se rexistra algún caso de persoas que se apropian das flores para uso particular.

Nin o xardín vertical creado polo Concello no cruzamento das rúas Maior e Calexa líbrase da acción dos vándalos. Segundo conta Pedro López, en días atrás alguén pechou a chave de paso da rega, de modo que algunhas plantas sufriron danos por falta de auga.

O problema non é novo en Sarria. Hai sete anos, as árbores que foran plantados na contorna da piscina cuberta amenceron con lejía e sulfatos. Máis recentemente, en 2017, unha veciña do barrio da Estación, farta do roubo de flores nos maceteros da rúa, decidiu plantar toxos e ortigas, coa esperanza de que os incívicos aprendesen que as plantas son para goce de todos e melloran a vila.

Mensaxe aos vándalos de Sarria
comentarios