O club Os Meigallos promove en Sarria un curso de adestrador de fútbol sala

A actividade, que ten aberta a inscrición, comezará o 11 de xaneiro
Presentación de un curso de entrenador en Sarria. EP
photo_camera Representantes dos Meigallos, a Federación de Fútbol e o Concello presentaron o curso. EP

O club Os Meigallos organiza un curso de adestrador de fútbol sala en Sarria, coa colaboración do Concello e a Escola de Adestradores da Federación Galega de Fútbol.

O taller, de 60 horas de duración, iniciarase o 11 de xaneiro na aula Cemit e será os sábados, de 9.30 a 14.30 horas.

O curso ten aberta a inscrición. Os alumnos deben ser maiores de 15 anos de idade e contar coa Iso.

Comentarios