Manteñen a previsión de licitar este ano o desdobre do corredor entre Sarria e A Pobra

Pasaría a ser unha autovía de catro carriis
Tramo del corredor entre A Pobra de San Xiao y Sarria. AEP
photo_camera Tramo do corredor entre Sarria. AEP

A Xunta mantén a previsión de licitar "a finais deste ano" as obras para desdobrar o corredor entre Sarria e A Pobra de San Xiao, de modo que pase a ser unha autovía de catro carriis. 

Así o ratificou a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, este martes a preguntas dos xornalistas durante unha visita a obras de mellora no Camiño Francés en Triacastela. 

Respecto diso, asegurou estar "envorcados" como Goberno nunha infraestrutura que consideran "estratéxica" e referiu ao prazo de 24 meses da actuación, por unha contía duns 24 millóns de euros. 

O Executivo autonómico está "envorcado", dixo, "para licitar canto antes esta actuación". "Seguimos coa planificación prevista de poder licitar estas obras a finais deste ano, aínda quedan semanas, e executar e iniciar as obras en 2020", sinalou. 

Para rematar, destacou que se trata dunha actuación "necesaria" por seguridade viaria e para incrementar a competitividade na provincia de Lugo. 

Comentarios