O mal estado das pistas de Castelo provoca protestas entre os veciños

Os veciños aseguran sentirse "esquecidos" ante a deterioración das vías, que causan queixas dos camións de recollida do leite

Vecinos de Castelo, en Sarria, miden un bache. PORTO
photo_camera Vecinos de Castelo, en Sarria, miden un bache. PORTO

O mal estado das pistas municipais da parroquia de Castelo dos Infantes, en Sarria, provoca queixas dos veciños, quen se senten "esquecidos" ante a deterioración que presentan. Os residentes denunciaron que as vías se atopan en mal estado desde hai xa tempo. As cunetas están "sen limpar", polo que a auga dana o pavimento. "A auga corre polas pistas e estrágaas", afirmaron veciños, que se queixan da existencia de fochancas "en todo o pobo".

É o caso da coñecida como pista de Carballal, onde "arrastran os coches" polos grandes buracos de ata "50 centímetros de fondo". "Xa non hai cuneta, polo que a auga levanta a estrada e fixo burato", indicaron veciños, que denunciaron que a vía foi asfaltada no seu momento no inverno e "ao pouco xa tiveron que volver "bachear"".

Segundo un residente, o estado desta pista causou queixas do camión de recollida de leite que acode a unha granxa.

"Tes que ir escapando das fochancas dun lado e outro", criticaron sarriáns, que recordaron que un coche acabou na cuneta ao intentar esquivar as fochancas.

O Concello afirma que este mesmo vernes comezará a reparar as estradas e que non o fixo antes polas condicións meteorolóxicas

Varios dixeron terse posto en contacto co goberno local, desde o que lles comunicaron que existe "unha partida" para as obras, polo que reclamaron que se iniciasen xa. O concelleiro de medio rural, Efrén Castro, asegurou este xoves que os traballos comezarán este mesmo venres. Indicou que a actuación xa estaba programada, pero que non se iniciou antes polas condicións meteorolóxicas.

AFECTADOS. Os veciños insistiron na necesidade das obras ante a importante carga de tráfico destas pistas, pois a pesar de que só son doce familias calculan que por elas discorren "uns 120 vehículos ao día". Ademais dos propios veciños, cóntanse unha ambulancia que acode todas as xornadas, dous autobuses escolares, veterinarios, camións de leite, servizo de axuda no fogar ou un vehículo de recollida de animais mortos, entre outros, relataron.

Estes tamén recordaron a problemática doutra pista, cunha pendente pronunciada e unha curva, coa consecuente dificultade para manobrar para os camións. "Cando chove un pouco non dan subido porque patinan. Terían que botarlle formigón en lugar de asfalto ou algo antiescorregadizo", opinaron.

Os veciños queixáronse doutras problemáticas que ten Castelo, como dous puntos de luz sen funcionar desde fai "dous meses polo" menos e a falta de saneamento e un abastecemento municipal.

Comentarios