Nove maiores do xeriátrico do Incio contaxiados de covid están curados

O número de afectados baixa a 48 entre os internos e mantense en 35 entre os traballadores
Exterior de la residencia de O Incio. AEP
photo_camera Exterior da residencia do Incio. AEP

O número de maiores contaxiados de coronavirus na residencia do Incio baixou nas últimas horas a 48 tras a curación de nove dos internos, segundo informou este mércores o Sergas.

Estas nove persoas deron negativo nas novas probas realizadas, o que supón unha boa noticia para o xeriátrico, onde se detectou un brote no mes de agosto que se cobrou 21 vidas.

Pola súa banda, son 35 os traballadores desta residencia positivos en covid-19 a día de hoxe.

O centro recibiu unha homenaxe o pasado día 19, organizado por un grupo de veciños do Incio coa colaboración do Concello, quen quixeron deste xeito mandar unha mensaxe de ánimo e apoio a persoal e residentes.

Comentarios