Lupe Gómez presentou en Sarria o libro gañador do premio Fiz Vergara Vilariño

A obra, titulada 'Montaña Ioga', foi publicada pola editorial Espiral Maior
Casar, Gómez, Abella y Fernán-Vello, durante la presentación. EP
photo_camera Casar, Gómez, Abella y Fernán-Vello, durante la presentación. EP

A escritora coruñesa Lupe Gómez presentou na casa da cultura de Sarria a obra coa que gañou o vixésimo primeiro premio de poesía Fiz Vergara Vilariño, Montaña Ioga, publicado pola editorial Espiral Maior.

A autora achegou ao público o proceso de creación deste libro, no que une a natureza e o ioga como practicante desta disciplina. Conta tamén con algún poema dedicado á súa profesora. Está, ademais, moi unido á xeografía de Santiago de Compostela e realiza unha meditación sobre a infancia.

A coruñesa recitou algúns versos no acto, no que tamén interviñeron o editor, Miguel Anxo Fernán-Vello; a concelleira de Cultura, Reyes Abella; e a presidenta da asociación Ergueitas, María Casar. Este colectivo e o Concello son os encargados de convocar o premio.

O galardón xa foi fallado na súa vixésima segunda edición, recaendo no autor Antón Lopo coa obra Diarios/1 [Azul Monforte]. Ergueitas e Concello esperan que o poemario poida ser presentado ao longo deste mes.

Comentarios