Luís Celeiro recibirá na abadía de Samos o título de Valedor do Camiño

A Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos recoñece os seus méritos "como estudoso, promotor e divulgador dous valores" da ruta xacobea
Luís Celeiro, ante uno de los mojones del Camino. AEP
photo_camera Luís Celeiro, ante uno de los mojones del Camino. AEP

O xornalista, escritor e profesor samonense Luís Celeiro recibirá este venres o título de Valedor, que é concedido pola Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos.

O acto, aberto ao público, será ás 12.45 horas no mosteiro. Posteriormente celebrarase unha comida no hotel A Veiga, para a que é preciso reserva.

Un total de 18 colectivos de xornalistas e relacionados co Camiño de Santiago adheríronse a este nomeamento, que recoñece os méritos de Luís Celeiro "como estudoso, promotor e divulgador dos valores" da ruta xacobea. Trátase da primeira vez que a Asociación de Comerciantes de Samos fai entrega da distinción, coa que quere "premiar a este veciño, natural de Freixo, pola súa traxectoria e vinculación" co Camiño de Santiago.

Inicialmente estaba previsto que Celeiro recibise o recoñecemento en decembro de 2020, aínda que o acto tivo que ser aprazado pola pandemia do covid e as restricións. O colectivo apostou por entregalo agora ao mellorar a situación sanitaria.

Comentarios