miércoles. 21.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 21.10.2020
El tiempo

Localizan no seu domicilio de Sarria o corpo sen vida dun veciño de mediana idade

Foi un familiar do falecido, que levaba días sen ser visto, quen deu aviso aos equipos de urxencias

Axentes da Policía Local e a Garda Civil, xunto con efectivos do parque comarcal de bombeiros de Sarria, acudiron este mércores a unha vivenda da rúa Rosalía de Castro da vila, onde atoparon o corpo sen vida dun home de mediana idade e veciño da localidade.

Esa persoa, de 56 anos, levaba días sen ser vista, o que fixo saltar as alertas entre os seus coñecidos. Segundo diversas fontes, foi un familiar seu quen deu aviso, tras o cal mobilizáronse as forzas de seguridade e os equipos de urxencias, que acudiron á vivenda sobre as 13.30 horas deste mércores.

Os bombeiros fixeron uso do vehículo de altura para acceder por un primeiro piso e unha vez no interior foi atopado o corpo deste veciño, que ao parecer vivía só, polo que se descoñece o momento en que lle sobreveu o falecemento.

Tras o levantamento do cadáver procedeuse ao seu traslado a Lugo para a práctica da autopsia, que será a que determine as causas da morte e cando se produciu.

Localizan no seu domicilio de Sarria o corpo sen vida dun veciño de...
comentarios