miércoles. 28.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 28.10.2020
El tiempo

Láncara pide explicacións a Educación sobre o reacollo dos alumnos do Frei Luís

O colexio Frei Luís de Granada. ARQUIVO
O colexio Frei Luís de Granada. ARQUIVO
O Concello solicita unha reunión coa Consellería ► A plataforma insta a garantir que os nenos "estean seguros"

O Concello de Láncara solicitou unha reunión coa Consellería de Educación para abordar o reacollo de parte dos alumnos do colexio Frei Luís de Granada de Sarria –no que estudan nenos do municipio– na antiga Escola Fogar e pedir que sexan recolocados en instalacións que cumpran coa normativa de seguridade e os protocolos existentes pola pandemia.

O alcalde, Darío Piñeiro, mantivo en días pasados un encontro con membros da plataforma en defensa do Ceip Frei Luís. Pais do municipio tamén se puxeron en contacto co goberno preocupados pola situación. "Segundo a plataforma non é apto para dar clases e pediremos a Educación explicacións do que fará", apuntou o rexedor, quen insistiu que buscan "defender os intereses dos nenos de Láncara".

Algúns proxenitores, dixo, barallan levar aos seus fillos ao colexio de A Pobra de San Xiao, o cal "podería asumir a algúns".

Desde a plataforma en defensa do Frei Luís están á "expectativa" dos movementos da Consellería despois de que o Concello sarrián instase á Xunta a que garanta que a Escola Fogar cumpre todas as condicións necesarias para acoller a parte dos alumnos. Recordou que as instalacións "deben cumprir toda a normativa vixente" e garantir que "os nenos estean seguros".

Asegurou que a administración autonómica tivo tempo para enviar ao Concello a comunicación previa do inicio da actividade e non o fixo cando se está a poucos días de iniciar as clases. "Se se teñen os documentos xa feitos porque non os envían para dar tranquilidade aos pais?", preguntáronse desde a plataforma. Esta afirmou que algúns proxenitores están a intentar cambiar aos seus fillos de centro pola "incerteza".

O colectivo ten previsto celebrar unha reunión o mércores (un día antes do inicio das clases) e se non hai unha resposta previa de Educación estudará tomar medidas.

Láncara pide explicacións a Educación sobre o reacollo dos alumnos...
comentarios