Láncara mellora o firme de varias vías da Pobra con máis de 43.000 euros

O Concello dedica outra partida de 30.000 euros, de fondos propios, a renovar puntos da iluminación pública en preto de vinte núcleos
undefined
photo_camera Obras de rexeneración do pavimento na Pobra. VÁZQUEZ RIVAS

O Concello de Láncara acometeu nos últimos días obras de rexeneración do firme con aglomerado en quente nas rúas da contorna da estación de tren da Pobra de San Xiao, que sufriron cortes puntuais.

A actuación ten un custo duns 43.400 euros e finánciase con cargo ao plan único de cooperación cos concellos da Deputación Provincial de Lugo.

Os traballos afectan á rúa que vai desde Benigno Quiroga á estación de tren, a paralela á liña do ferrocarril, a prolongación de Rosalía de Castro e a rúa que hai anos acordouse denominar José García, Churrillo.

O Concello tamén investirá 30.000 euros de fondos propios en puntos de luz pública para 16 núcleos do municipio

En materia de viarias, o Concello informou tamén de que pronto comezará a mellora de camiños en Mourillón, adxudicados en máis de 68.000 euros e incluídos nun plan da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

Por outra banda, o Concello lancarés investirá 30.000 euros de fondos propios en puntos de luz pública en Vilaesteva, Vilarín, A Cortella, Saa, Susaos, Cedrón, A Esfarrapa, Río, A Lama, Balse, Os Vaos, Xunqueira de Abaixo, Oleiros, Ronfe, Quintela de Trasliste e A Casanova de Bande.

Comentarios