viernes. 24.09.2021 |
El tiempo
viernes. 24.09.2021
El tiempo

Láncara insta a eliminar unha curva perigosa na estrada LU-621 en Valdriz

La curva que el Concello insta a eliminar. PORTO
A curva que o Concello insta a eliminar. PORTO
O alcalde asegura que o dono dos terreos está disposto á súa cesión gratuíta, polo que demanda á Xunta que execute a obra

O Concello Láncara instou á Xunta de Galicia a eliminar unha curva perigosa na estrada que comunica A Pobra de San Xiao e Baralla (LU-621), xunto á ponte de Valdriz.

O alcalde, Darío Piñeiro, xa realizou as xestións precisas e disporíanse dos terreos necesarios para sacar a curva, que considera "moi perigosa". O rexedor tamén sinalou que falou co propietario e este cederíaos gratuitamente para executar a obra e mellorar así a seguridade da vía.

Piñeiro considera que agora sería o momento de levar a cabo a actuación, pois a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade atópase nestes momentos coas obras de ampliación da ponte de Valdriz e o acondicionamento dunha senda. "É unha pena que agora que están alí traballando non se faga esta obra, así queda mal", opinou.

A curva atópase á saída do viaduto en dirección Baralla e o rexedor considera que é sobre todo "complicada" para os camións. Xusto antes da curva atópase a intersección coa vía de acceso á urbanización de Valdriz e estase construíndo unha rotonda dentro das obras de ampliación da ponte.

Os traballos tamén contemplaron unha rectificación no trazado para ampliar o radio da curva de acceso ao viaduto

ACTUACIÓNS. Este proxecto de mellora do viaduto ten un investimento total de 730.000 euros e leva a que desde hai catro meses estea cortada ao tráfico a vía.

Os traballos supoñen a construción dunha senda para conectar as beirarrúas existentes na travesía da Pobra co acceso á urbanización, que se executa pola marxe esquerda da estrada LU-621 e consta de 460 metros de lonxitude. Pola súa banda, a ponte foi ampliado cunha laxa de formigón.

As obras, que se están finalizando, incluíron o aumento da plataforma da estrada, pasando dos 5,5 metros a 7. Os traballos tamén contemplaron unha rectificación no trazado para ampliar o radio da curva de acceso ao viaduto, mellorando así a seguridade na zona. Por iso, o rexedor insta agora a que se actúe tamén nestoutro punto á saída da ponte.

Láncara insta a eliminar unha curva perigosa na estrada LU-621 en...
comentarios