Julia Otero, Lucía Pérez e Marica Campo dan nome ás aulas do colexio do Incio

Olga Novo ou Saleta Fernández son outras das mulleres vinculadas ao municipio que homenaxea o CEIP Ricardo Gasset
Aulas Incio
photo_camera As aulas de Julia Otero e Lucía Pérez e a biblioteca Marica Campo. EP

A xornalista Julia Otero, a escritora Olga Novo, a cantante Lucía Pérez e outras mulleres nadas ou vinculadas ao municipio lugués de O Incio e a súa comarca darán nome aos espazos do CEIP Ricardo Gasset. 

A iniciativa bautizará co nome destas mulleres as aulas, o salón de actos, o pavillón ou a bibloteca deste centro público da localidade do Incio. 

Deste xeito, estes espazos estarán dedicados ás figuras de Julia Otero, Olga Novo, Lucía Pérez, Marica Campo, Tareixa Campo, Saleta Fernández López, Susana Rodríguez e Montse Valcárcel. 

O Concello do Incio aplaudiu a iniciativa do CEIP Ricardo Gasset, posta en marcha con motivo do Día da Muller. 

Comentarios