José María Escudero tomará posesión como edil de Camiña Sarria este mes

O enxeñeiro técnico agrícola substitúe a María Elena Real, que presentou a súa dimisión, e levará obras e medio rural, entre outras áreas
José María Escudero Tomás
photo_camera José María Escudeiro Tomás. AEP

O enxeñeiro técnico agrícola José María Escudero Tomás tomará posesión como concelleiro do grupo de goberno de Camiña Sarria no próximo pleno, previsto en principio para finais de mes.

O Concello recibiu este mércores da xunta electoral central a credencial do novo edil, que substituirá no cargo a María Elena Real, a cal presentou a súa dimisión por dificultades para compaxinar a súa situación familiar coas tarefas de goberno.

Escudero ocupou o número sete na lista de Camiña Sarria e levará as áreas de obras, vías públicas, infraestruturas e medio rural.

Comentarios