Investigan se unha usuaria do Incio se reinfectou ou é un falso positivo

Una trabajadora en la residencia de O Incio. XESÚS PONTE
photo_camera Unha traballadora na residencia do Incio, en setembro. XESÚS PONTE

O Sergas estuda o caso dunha usuaria do Incio que ten unha PCR positiva neste novo gromo na residencia pero que, supostamente, xa superara o covid-19 no anterior.

Dubídase de que se trate dunha reinfección senón que se cre que no seu momento se tratou dun falso positivo na PCR inicial e que é agora cando a muller, que non presenta anticorpos, infectouse co coronavirus.

Comentarios