Investigado un veciño do Barco por vender bolsos falsos en Sarria

Desde a Garda Civil indicaron que as falsificacións e imitacións alcanzan un certo grao de similitude en aspectos coma o proceso de fabricación, etiquetaxe e embalaxe
Bolsos comisados pola Garda Civil. EP
photo_camera Bolsos comisados pola Garda Civil. EP

A Garda Civil interveu un posto ambulante na localidade de Sarria por un suposto delito contra a propiedade intelectual. A persoa investigada é un veciño de 43 anos de idade do Barco de Valdeorras -municipio de Ourense-, de orixe senegalesa.

A Benemérita montou un operativo na vila sarriá no marco da loita contra a falsificación de prendas e complementos que xeran beneficios económicos e que ocasionan perxuízos aos establecementos comerciais da zona, informou. Os axentes do corpo comprobaron que no posto ambulante expoñíanse á venta e a disposición do público unha serie de bolsos dunha coñecida marca.

Desde a Garda Civil indicaron que as falsificacións e imitacións alcanzan un certo grao de similitude en aspectos coma o proceso de fabricación, etiquetaxe e embalaxe, resultando difícil de diferenciar as copias das orixinais. Por iso determinaron que as accións de distribución do vendedor -ao carecer dunha autorización correspondente aos dereitos de propiedade intelectual por parte dos titulares coma as características dos envoltorios, prezos ou a ausencia de facturas- inducían aos compradores á crenza de que estaban adquirindo os produtos da marca industrial.

Por tales motivos, a persoa investigada imputóuselle un suposto delito contra a propiedade intelectual, polo que foi posto á disposición do xulgado de instrución de Sarria, xunto cos artículos comisados.

Comentarios