Unha investigación profunda no uso dos cuarzos e as cuarcitas en Cova Eirós

Unha tese de Arturo de Lombera analiza tamén a utilización destes materiais en xacementos de Monforte e Atapuerca
Excavaciones en Cova Eirós. AEP
photo_camera Escavacións en Cova Eirós. AEP

Unha tese doutoral, elaborada por Arturo de Lombera Hermida, profunda no uso de cuarzos e cuarcitas polos grupos que habitaban os xacementos de Cova Eirós (Triacastela), Valverde (Monforte) e Gran Dolina (Atapuerca). A investigación, titulada "Xestión de materiais silíceos macrocristalinos no Pleistoceno de Europa occidental. Evolución das estratexias de adaptación aos condicionantes litológicos", foi presentada a pasada semana.

O estudo aborda desde fai 350.000 anos de antigüidade, época á que corresponde Atapuerca, ata as últimas sociedades paleolíticas, representadas nun dos niveis da gruta do municipio de Triacastela, datado en 12.000 anos.

A investigación presenta, indica, as estratexias de adaptación dos grupos do Paleolítico Medio e Superior aos condicionantes e recursos do territorio. No caso de Eirós e Valverde estaban obrigados a empregar cuarzos e cuarcitas, que son de peor calidade, fronte ao silex, do que case non se dispón en Galicia, explica o estudioso. Pola súa banda, en Atapuerca non usaban estes materiais tan frecuentemente como o sílex.

TÉCNICAS. En cambio, as técnicas e tecnoloxías en Galicia son as mesmas que no resto da península. Segundo apunta o investigador, os habitantes destes dous xacementos da provincia participaban nas redes culturais e económicas do Paleolítico Superior da península.

Así se mostra en, por exemplo, a arte moble de Cova Eirós, que segue paralelos á do cantábrico, como así queda patente cunha azagaya decorada achada na gruta fai preto dunha década. Tamén a arte rupestre do xacemento segue paralelos tanto da penínsulacomo do norte de Portugal, indica.

Comentarios