Sábado. 17.11.2018 |
El tiempo
Sábado. 17.11.2018
El tiempo

O Inverno, un labrador sinalado

Voluntarios da ARMH realizan traballos de campo no cemiterio de Saa, na Pobra do Brollón. XURXO AYÁN
Voluntarios da ARMH realizan traballos de campo no cemiterio de Saa, na Pobra do Brollón. XURXO AYÁN

Memoria histórica O veciño de Eirexalba (O Incio) Jesús Casas, coñecido como O Inverno, foi asasinado pola Escuadra Negra desta localidade o 6 de agosto de 1936. Este verán, a súa neta, de man da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, buscou os seus restos no cemiterio de Saa, na Pobra do Brollón

"Morto a consecuencia de disparos de arma de fogo e que segundo referencias foi detido por uns falanxistas". Así reza o documento enviado polo secretario do xulgado da Pobra do Brollón ao xuíz tras o falecemento de Jesús Casas González, O Inverno, un veciño da parroquia de Eirexalba (O Incio) que o 6 de agosto de 1936 foi vítima da Guerra Civil.

Este labrador, que en 1928 regresou de Cuba coa súa muller, Anuncia Rodríguez Maceda, e as súas catro fillas viuse arrinconado por ser considerado un problema para o bando sublevado durante a guerra. A súa opinión e unha visión máis globalizada provocaron que este pai de familia tivese que fuxir da súa aldea á próxima parroquia de Covadelas, no concello da Pobra do Brollón.

Mentres a súa familia seguía adiante, el intentou axudar a outras persoas ao mesmo tempo que se escondía, pero o 6 de agosto de 1936, pouco logo da súa fuxida, Jesús Casas foi detido, torturado e asasinado no Alto de Santa Lucía.

A acta de defunción, presentada o 7 de agosto de 1936 no rexistro civil da Pobra do Brollón, define a causa da morte do Inverno como "unha hemorraxia interna a consecuencia de maltratalo". Unha afirmación que, segundo a portavoz da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) en Galicia, Carmen García Rodeja, é moi rechamante porque "non era habitual que recoñeceran a violencia".

"Na miña casa non se falaba disto, dicíase que ao meu avó matárano, pero era un tema tabú", recoñece Isabel Mao, neta do Inverno e a encargada de porse en contacto coa asociación para buscar os restos.

O seu asasinato, causado, segundo a familia e a organización, polo grupo paramilitar a Escuadra Negra de Eirexalba, foi un modo de implantar "o terror na zona". En palabras de García Rodeja, algúns veciños viron como Casas pedía auga e clamaba piedade ante os seus asasinos. Un deles seguiu ao grupo e, recorda Mao, "contoume que lle tiraron a auga mentres lle dicían: 'Este paxaro xa comeu e bebeu bastante na súa vida".

Mao, que leva máis de dous anos buscando ao seu avó, recoñece a valentía dos seus antepasados que "seguiron adiante e, ademais, tiñan que ter as cousas moi claras".

Xa en 1939, a súa familia caeu tras el. A viúva foise a vivir coa súa nai e un dos seus irmáns á casa do Inverno, que 

Jesús Casas González, 'O Inverno'- ARMH

servía de refuxio para persoas fuxidas. "Os veciños contáronme que a xente se escapaba da cantidade de Garda Civil que apareceu ese día", di a neta do Inverno, e engade que logo de atop

ar a trampilla na casa, estalou unha granada que provocou varios mortos, un deles a súa bisavoa.

Anuncia e o seu irmán Antonio foron detidos e trasladados ao cárcere de Lugo, onde ela faleceu en 1941. O segr

edo familiar era tal que, a pesar de que Isabel Mao oíra á súa nai falar do "tío Antonio", ela xamais lle contou que estivo condenado á morte.

O pasado mes de xullo, a ARMH, a petición da familia, buscou no cemiterio de Saa, na Pobra do Brollón, os restos deste la

brador que, segundo a acta de enterramento, estaban "nunha fosa aberta pegada á parede ao lado Sur e a seis metros de distancia do ao lado Oeste".

Seguindo estas indicacións e a tradición oral, Xurxo Ayán, director arqueolóxico da exhumación, e o equipo de voluntarios que participaron nela detectaron tres posibles localizacións. A primeira no cemiterio vello onde se atoparon uns restos "probablemente medievais".

Unha vez descartado este lugar, trasladáronse ao actual camposanto, punto sinalado polos veciños. O arqueólogo afirma que empezaron examinando "un recuncho da entrada", pero a procura non resultou frutífera. A última localización está baixo novos nichos e neste caso a exhumación non se pode levar a cabo.

É un problema habitual porque "a miúdo hai moitas variacións non interior, os muros cambian...", admite a portavoz da ARMH en Galicia. Neste caso, aínda que a acta de enterramento era clara, as modificacións estruturais limitaron a súa procura. Ayán tamén sinala que estes procesos en Galicia son distintos porque apenas había fosas comúns, "a xente soterrábase soa, en parellas ou de tres en tres".

"Busqueino demasiado tarde, tíñao que facer moito antes, cando as fillas estaban vivas", afirma Isabel Mao

"Eu empecei a buscalos demasiado tarde, teríao que facer moito antes, cando as fillas estaban vivas", afirma Mao.

Ramón Rodríguez Maceda. ARMHAgora espera poder instalar unha placa no cemiterio de Saa, á beira do punto no que se cre que se atopa o seu avó.


Desde a ARMH recordan que este caso non é o único, senón que se trata dunha "traxedia habitual". No tempo que levan traballando recuperaron preto de 1.500 corpos en España, pero só en Galicia aínda quedan "decenas de casos abertos de persoas asasinadas fóra de toda lei".

Ramón Rodríguez
O cuñado que quería un enterro digno

 
A ideoloxía do Inverno sinalou ao resto da familia e poucos días logo da súa morte, o seu cuñado, Ramón Rodríguez Maceda, foi asasinado polo mesmo grupo paramilitar, a Escuadra Negra de Eirexalbe. A pesar das recomendacións da súa muller e familiares próximos, decidiu acompañar á súa irmá e as súas sobriñas maiores a dar sepultura a Jesús Casas. "O meu cuñado vai enterrarse nunha caixa e non no chan". Son as palabras que pronunciou, segundo testemuños de veciños e familiares recollidos por Isabel Mao.

O seu fillo
En palabras de Mao, o fillo maior de Ramón, que por aquel entón rozaba a maioría de idade, recorda o momento da detención. Foi el quen desde a súa casa seguiunos e pediu, aos asasinos do seu pai, o perdón deste antes de que fose asasinado.

O Inverno, un labrador sinalado
Comentarios