Un incendio calcina un alpendre en Sarria

O lume afectou a unha pa que se gardaba na construción, así como leña e material agrícola

Un incendio detectado sobre as 9.30 horas deste domingo destruíu un alpendre na parroquia sarriá de Vilar de Sarria, situado nas proximidades da igrexa. O teito colapsou e o lume afectou a unha pa que se gardaba na construción, así como leña e material agrícola.

Os bombeiros do parque comarcal de Sarria, que desprazaron dous vehículos, conseguiron evitar que as chamas se propagasen á vivenda contigua, que está desocupada, e así salvala

Ata o lugar acudiu tamén a carroceta do Concello, que forneceu auga, a Policía Local e a Garda Civil. As causas do incendio descoñécense de momento