Un incendio nun albergue de Sarria mobiliza os bombeiros e a Policía Local

O lume destruíu un moble e a gran fumareda causou danos nas dependencias
Un incendio causa desperfectos en un albergue de Sarria. PORTO
photo_camera Mueble que resultó calcinado en el albergue. PORTO

Un incendio detectado sobre as 18.20 horas deste venres nun albergue da Praza de Galicia de Sarria, que se atopa pechado, mobilizou aos bombeiros do parque comarcal e  a Policía Local. O lume destruíu un moble e as dependencias sufriron tamén danos pola gran cantidade de fume xerada.

O responsable do negocio foi alertado por un familiar ao ver saír unha intensa fumareda. Acudiu rapidamente e coa axuda duns extintores deu controlado o lume, que acabaron de sufocar os bombeiros. Estes tamén se ocuparon de ventilar o establecemento, así como un bar e un portal dun edificio de vivendas aos que entraron o fume.

Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais, pois o albergue está pechado ao ser tempada baixa no Camiño de Santiago. Nesta época e ata marzo botan o enreixado a maior parte deste tipo de negocios.

Todo apunta a que o incendio puido ser causado por un curtocircuíto. Unha veciña que pasaba pola zona foi a encargada de alertar aos servizos de urxencias tras ver saír o fume. Ata o lugar acudiron os bombeiros con dous vehículos e tamén se achegou o concelleiro de seguridade, Félix Seijas, para interesarse polo ocorrido. Na zona concentráronse un bo número de viandantes ante o amplo dispositivo.