O impacto dun vehículo esnaquiza un cruceiro catalogado en Paradela

A peza, sita en Andreade, xa fora restaurada tras un contratempo similar hai uns anos
El golpe hizo que las distintas partes del cruceiro quedasen desperdigadas por el suelo. VILA
photo_camera O golpe fixo que as distintas partes do cruceiro quedasen espalladas polo chan. VILA

Un cruceiro situado na parroquia paradelense de Andreade resultou esnaquizado na tarde do luns a causa do impacto dun vehículo. A peza atópase catalogada, de modo que o Concello dará traslado desta situación ao área de Patrimonio da Xunta para estudar a viabilidade dunha restauración.

Segundo explicou unha das residentes nesta parroquia, o suceso produciuse o día de Reis, logo da catro -hora á cal pasou polo lugar e o cruceiro estaba intacto- e antes das seis da tarde, cando xa o viron roto e cos anacos esparexidos polo chan para desgusto da veciñanza.

O causante do accidente identificouse ante o Concello de Paradela. Segundo dixo, estaba a dar marcha atrás cun todoterreo cando impactou contra este elemento patrimonial co gancho dun remolque. No lugar quedaron cristais do vehículo, que tamén tivo que resultar con considerables danos. De feito, a forza do golpe chegou a strong <>desprazar a base do cruceiro, cuxo fuste partiu, do mesmo xeito que a cruz.

O alcalde, José Manuel Mato, sinalou que o Concello se encargará de custodiar as distintas pezas á espera de determinar se resulta posible a restauración. Este labor podería ser asumida polo seguro do vehículo causante, tal e como ocorreu nunha ocasión anterior hai uns anos. E é que este mesmo cruceiro xa fora vítima dun suceso parecido, protagonizado por unha pa, cuxa aseguradora pagou a rehabilitación a cargo dunha empresa especializada.

Aínda que na documentación non figura a súa data exacta de creación, os veciños do lugar afirman que é moi antigo

O cruceiro de Andreade é unha peza catalogada, tanto no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Paradela como na listaxe de bens do patrimonio cultural do Plan Básico Autonómico.

Aínda que nesta documentación non figura a súa data exacta de creación, os veciños do lugar afirman que é moi antigo e que, de feito, dá nome a unha casa próxima. Ademais, é un punto de encontro na parroquia e cada 25 de xullo, coincidindo coas festas patronais de Santiago, celébrase a procesión desde a igrexa ata o cruceiro. Por iso, os aldeáns considérano un símbolo e un referente "para ou pobo".

Comentarios