Guido Guía realizará unha ruta polo municipio do Páramo o 6 de xullo

A actividade é organizada polo xeodestino Comarca de Lugo e Terras de Ulloa
Presentación de una ruta por O Páramo de Guido Guía. EP
photo_camera Verónica Arias, Guido Álvarez, Lucía Sánchez e Benjamín García presentaron a ruta. EP

O xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa organiza a décima ruta do proxecto Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía, que se desenvolverá polo municipio do Páramo o próximo 6 de xullo.

A inscrición para esta actividade é gratuíta e pódese realizar a través do correo electrónico [email protected] ou ben a través do número de teléfono 982.23.80.00.

A iniciativa foi presentada polos concelleiros do Páramo Benjamín García e Verónica Arias, o técnico do xeodestino Lucía Sánchez e o guía Guido Álvarez. Estes anunciaron os primeiros detalles da ruta, que axuntará historia, cultura, natureza, gastronomía e música.

A do Páramo é a última ruta do primeiro ciclo de Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía, pero iniciarase un segundo este mesmo verán.

O proxecto engloba a dez municipios da comarca de Lugo e as terras da Ulloa. Busca pór en valor as riquezas do territorio, ademais de promover vínculos sociais e culturais.

Comentarios