O grupo de música folk Luar na Lubre ofrece un concerto o domingo en Paradela

A actuación será ás sete da tarde na praza do campo da feira
Grupo de música Luar na Lubre
photo_camera Grupo de música Luar na Lubre. AEP

O grupo de música folk Luar na Lubre ofrecerá un concerto o vindeiro domingo na praza do campo da feira de Paradela. A actuación comezará ás sete da tarde, pero a apertura de portas será unha hora antes.

O espectáculo de Luar na Lubre forma parte do programa Experiencias non Camiño Francés, co patrocinio do Xacobeo 2021 e a Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés, da que forma parte Paradela.

De non ser pola pandemia sanitaria, a localidade celebraría estes días as súas festas patronais da Virxe das Dores.

Comentarios