domingo. 25.08.2019 |
El tiempo
domingo. 25.08.2019
El tiempo

Garrido compaxinará o seu traballo coa alcaldía se se rexeita a dedicación

Garrido incorporouse onte ao seu posto en extensión agraria. EP
Garrido incorporouse onte ao seu posto en extensión agraria. EP

Sinalou que se consideran que debe cobrar menos desta contía tratará de compaxinar a alcaldía co seu posto de inspector veterinario

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, compatibilizará o seu traballo e o cargo de rexedor se non se aproba mañá en pleno a dedicación proposta.

Na sesión abordarase unha exclusiva de 45.000 euros brutos anuais, a mesma contía que percibe no seu posto como inspector veterinario da Xunta na oficina de extensión agraria de Sarria, dixo o rexedor. Este incorporouse onte ao seu traballo logo das vacacións.

Garrido sinalou que se consideran que debe cobrar menos desta contía tratará de compaxinar a alcaldía co seu posto de inspector veterinario, aínda que insistiu que haberá que esperar a mañá para coñecer o que decide a corporación municipal. Parece que a priori a proposta non contará co apoio da oposición.

Nesta sesión, que será ás 13.00 horas, tamén se abordará unha dedicación exclusiva de 20.000 euros para a concelleira Geni Valcárcel e a mesma contía para o edil Félix Seijas por unha parcial de seis horas diarias. Entre os puntos da orde do día están, ademais, a fixación da periodicidade dos plenos, a creación das comisións informativas, o nomeamento dos representantes da corporación nos órganos colexiados e dar conta das delegacións e os membros da xunta de goberno. Desta última tamén formará parte o concelleiro de Galicia Sempre, Benjamín Escontrela.

Garrido compaxinará o seu traballo coa alcaldía se se rexeita a...
Comentarios