martes. 27.07.2021 |
El tiempo
martes. 27.07.2021
El tiempo

O Garaxe reabre as súas portas cunha exposición da artista Noemí Núñez

La artista Noemí Núñez expone en Sarria. FORMOSELLE
A artista Noemí Núñez cunha das súas obras. FORMOSELLE
A mostra pódese ver neste espazo de Sarria ata o 15 de agosto

O espazo multidisciplinar O Garaxe de Sarria reabriu este mércores as súas portas ao público cunha exposición de Noemí Núñez. As obras poderanse ver ata 15 de agosto de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00, con todas as medidas sanitarias requiridas.

Graduada en Belas Artes, Núñez traballa o campo da pintura e as artes gráficas. A exposición conta con varias obras nas que usou técnica mixta, con acrílico, spray ou po de mármore. Con volumes e tridimensionalidad, as creacións mergullan a quen as contempla mediante retratos fantasmagóricos e monstruosos que oscilan entre o cómico e o tenebroso.

O Garaxe reabre as súas portas cunha exposición da artista Noemí Núñez
comentarios