martes. 13.04.2021 |
El tiempo
martes. 13.04.2021
El tiempo

Galaxia publica unha biografía de Xela Arias, obra de Montse Pena Presas

Xela Arias. EUROPA PRESS
Xela Arias. EUROPA PRESS
Terá un formato singular, con gran cantidade de fotografías e ata unha lista de Spotify

A editorial Galaxia levará ás librerías a principios do próximo mes Intempestiva. Biografía (literaria) de Xela Arias, obra da escritora Montse Pena Presas (Sada, 1981). 

Segundo explica Galaxia nun comunicado, "a obra é froito dun rigoroso estudo do poeta de Sarria", figura á que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas deste 2021. 

Nela, Pena Presas, autora tamén das biografías de Roberto Vidal Bolaño e María Vitoria Moreno, percorre a vida e a obra de Xela Arias desde o seu nacemento en Sarria ata o seu falecemento en Vigo, o 1 de novembro de 2003. 

O libro, promete a editorial, está escrito cunha prosa próxima á narrativa e lonxe de formalismos académicos, o que que agradecese a protagonista deste ensaio, muller heterodoxa que non desexaba ser categorizada en correntes ou escolas de ningún tipo. 

O libro será publicado fóra de colección e nun formato singular, con abundante material fotográfico e unha lista de Spotify coa música preferida pola propia Xela Arias. 

Galaxia publica unha biografía de Xela Arias, obra de Montse Pena...
comentarios