Os gañadores da Milla Urbana de Sarria recibirán o seu peso en produtos porcinos

Todos os participantes na carreira, que se disputa o día 31, terán unha medalla de chocolate tras o recente irmandamento con El Escorial
photo_camera Participantes na última edición da Milla Urbana. AEP

O Concello de Sarria fará de novo unha chiscadela á tradición cárnica local ao premiar os gañadores absolutos da Milla Urbana co seu peso en produtos porcinos sarriáns.

Este ano, e tras o recente irmandamento con El Escorial baseado na figura de Matías López, todos os participantes recibirán tamén unha medalla de chocolate.

O prazo de inscrición nesta carreira, que se celebra como é costume o 31 de decembro, está xa aberto ata o 29, cun límite de 400 participantes e control de tempo por chip. Os interesados poden anotarse en www.sarriacorre.com

A Milla Urbana será ás 18.00 horas na Rúa da Liberdade, desde a saída cara a Samos ata a estación de tren. Colabora no acto o club Runnig Sarria.

Comentarios