Unhas 200 persoas concéntranse no Frei Luis: "Coa seguridade dos nenos non se xoga"

Responsables de Educación garanten nunha reunión cos pais do colexio de Sarria que o edificio é seguro e que non existe ningún perigo para nenos e profesores

Unhas 200 persoas concentráronse este mércores ante o Ceip Frei Luis de Granada de Sarria baixo o lema Coa seguridade dos nosos fillos non xoga ninguén. A protesta chega despois dunha semana chea de polémica. A última novidade que trascendió es que el centro  permanecerá apontoado aproximadamente un mes a Consellería de Educación executará obras na fachada ante a aparición de novas gretas. Así o comunicaron na tarde deste martes responsables desta administración durante unha multitudinaria reunión con pais no centro.

No encontro, recalcaron que o edificio está "perfectamente" e non existe risco. No mesmo sentido manifestouse pola mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. Afirmou que os técnicos dunha empresa e da propia consellería aseguraron que o centro é "seguro" e que "non hai ningún tipo de perigo", polo que chamou de novo á tranquilidade.

Unha responsable da unidade técnica de Educación, xunto á inspectora de zona, explicou aos proxenitores que a problemática se debe a que os edificios "sempre se están movendo", o que pode derivarse de pequenos asentamentos do terreo ou a dilatación e contracción pola temperatura. En 2019 apareceron unhas gretas na fachada, polo que os técnicos dunha empresa controláronas e a finais de ano atopáronse con que "fiestras non abren e pechan ben".

Defendeu que colocaron os puntais como "medida preventiva" e que permanecerán ao redor dun mes. No entanto, un técnico da empresa que redacta un estudo asistiu despois á reunión a petición dos pais e non aclarou o tempo que deberán estar. Si sinalou que serán retirados aqueles puntais e táboas con cravos que sexan un perigo para os nenos.

Tamén haberá que realizar obras no exterior do inmoble, indicou a responsable da unidade técnica. Porán unhas ménsulas para reforzar os voladizos e que non grete a fachada.

PAIS. Os proxenitores cuestionaron que leven a cabo os traballos cos nenos nas aulas, e os técnicos dixeron que non será necesario pechar o centro.

As familias mostráronse moi críticas coa xestión da situación e queixáronse de que esta reunión informativa non se celebrase xa o, antes de que fose apontoado o centro. Ademais, puxeron en dúbida a seguridade do edificio e preguntáronse quen lles garante que non aparecerán outros problemas no centro, pois en 2011 xa houbo gretas en tabiques. Algúns pais afirmaron seguir moi preocupados, polo que non levarán aos nenos a clase.

Comentarios