"Isto non foi unha nevada, foi unha catástrofe", di un veciño da montaña de Samos

Ata case 40 horas pasaron sen luz nalgúns núcleos de Samos
Jesús Rosende Vázquez. EP
photo_camera Jesús Rosende Vázquez. EP

Ata 40 horas permaneceron sen luz nalgúns núcleos de Samos como Praducelo, en San Xoán de Lóuzara, o que xerou serios inconvenientes aos seus habitantes, algúns deles pendentes de facer a matanza e con gando.

Entre os residentes neste lugar cóntase Jesús Rosende Vázquez, quen tivo que tirar alimentos do conxelador da súa vivenda, onde só grazas á cociña de leña tiveron algo de calor ao non funcionar a calefacción. E iso nunha casa na que, segundo explica, reside unha muller de 100 anos.

Máis de 1.000 fogares amenceron este domingo sen servizo eléctrico en Lugo

Este domingo pola mañá a súa preocupación pola situación era patente. "Isto non é unha nevada, é unha catástrofe", dicía a esa hora, con temor a quedar sen conexión por móbil ao non poder cargalo.

Colapsa o teito dunha granxa de pitos en Láncara

Por fortuna, a situación mellorou pola tarde ao recuperar o servizo eléctrico que se perdeu ás dez da noite do venres. Tamén chegaron os medios para limpalos accesos ao pobo, do cal non se podía entrar nin saír ata ese momento dado que a capa de neve alcanzaba nalgúns casos "ata os 40 centímetros".

Comentarios