lunes. 26.07.2021 |
El tiempo
lunes. 26.07.2021
El tiempo

Feijóo, en Sarria: "Os Ertes son un trankimazin; necesítanse certezas"

Feijóo, en Sarria. EP
Feijóo, en Sarria. EP
O candidato á reelección garante a execución da primeira fase da autovía Sarria-Lugo e a reforma integral do colexio Frei Luís Granada

O presidente galego e candidato á reelección polo PP, Alberto Núñez Feijóo, acusou ao Goberno de querer pechar Alcoa e "botarlle a culpa" á Xunta, pero afirmou que el, como presidente da comunidade, non consentirá que se peche.

Nun mitin en Sarria, advertiu este mércores de que a sociedade está "anestesiada" porque "ten en vea un trankimazin que son os Ertes", pero cando terminen fará falta un goberno que dea "certezas" como o que el propón en Galicia.

En clave local, o líder do PPdeG garantiu a execución da primeira fase da autovía Sarria-Lugo e a reforma integral do colexio Frei Luís Granada

Feijóo asegurou que a crise económica que vén tras o coronavirus "non vai ser nada fácil porque todo apunta na mala dirección" e el, como candidato, ofrece as certezas da "confianza, a estabilidade e a xestión" fronte a un "multipartito" de esquerdas que só achega "inexperiencia".

Recordou que hai 250.000 persoas en Erte (expediente de regulación temporal de emprego) en Galicia e preguntouse a ver "que ocorre" cando finalicen, porque agora "a sociedade española está anestesiada" con millóns de persoas acollidas a este mecanismo para cobrar mentres non poden volver ás súas empresas.

Ademais, dirixiu duras críticas ao Goberno pola situación de Alcoa, xa que cre que os problemas actuais nesta factoría débense ao Executivo central dado que a Xunta non cambiou nos últimos once anos e entendeuse tanto co de José Luís Rodríguez Zapatero como co de Mariano Rajoy.

"Por que o Goberno de Sánchez quere pechar Alcoa e botarlle a culpa ao Goberno de Galicia?" preguntou, tras o que criticou que se trata dunha "dobre mentira e un dobre engano" que non se pode consentir e o que hai que facer é pór un prezo á enerxía compatible coa produción de aluminio.

Para Feijóo este peche forma parte dunha política de "desmantelamento" do sector industrial galego por parte de partidos aos que non lles interesa Galicia porque "non está no seu radar de prioridades", pero apuntou que igual lle interesa logo das eleccións autonómicas, ao ver o resultado das votacións.

Neste sentido, volveu a criticar a única opción que cre que hai á súa candidatura o 12 de xullo, a dun multipartito no que ninguén se pon de acordo" e cuxo único programa é que "non goberne un tal Feijóo".

Por iso, pediu aos votantes que lle apoien para renovar a súa confianza nel, tras estes once anos na Xunta, e animou a ir a votar a todos aqueles a os que lles interese Galicia e o seu futuro.

Neste acto, Feijóo estivo acompañado pola cabeza de lista por Lugo, Elena Candia, quen tamén instou á mobilización para votar o 12 de xullo, porque aínda nada está decidido a pesar do que poidan dicir as enquisas e hai que evitar que goberne un "totum revolutum" de partidos en Galicia.

Feijóo, en Sarria: "Os Ertes son un trankimazin; necesítanse certezas"
comentarios