viernes. 22.11.2019 |
El tiempo
viernes. 22.11.2019
El tiempo

Un motorista de Sarria falece nun choque frontal na Valiña

Efectivos sanitarios e da Garda Civil no lugar do accidente rexistrado na Valiña. EP
Efectivos sanitarios e da Garda Civil no lugar do accidente rexistrado na Valiña. EP

A vítima circulaba nunha motocicleta que foi alcanzada por un turismo que avanzaba en dirección contraria e que viraba cara a un restaurante.

Un veciño de Sarria de 58 anos faleceu este venres nun accidente de tráfico rexistrado no quilómetro 29,9 da LU-546, á altura de Valiña. 

A vítima circulaba nunha motocicleta que foi alcanzada por un turismo que avanzaba en dirección contraria e que viraba cara a un restaurante.

Ata o lugar desprazouse un helicóptero, aínda que os primeiros auxilios foron realizados por efectivos sanitarios dunha ambulancia asistencial que intentaron reanimar á vítima sen éxito.

Un motorista de Sarria falece nun choque frontal na Valiña