Falece en Francia un impulsor do irmandamento entre Sarria e Guerlédan

Le Pommellec visitou a localidade lucense en múltiples ocasións

Un dos impulsores do irmandamento entre o concello de Sarria e a comunidade de comunas francesas de Guerlédan, Pierre Le Pommellec, faleceu na Bretaña aos 81 anos de idade.

Segundo informou o sarrián Xaime Félix López Arias, a morte sobreveulle o pasado día 15 a este veciño, que foi dos máis activos promotores dos lazos de irmandade, xunto á súa esposa, Christianne, e Philippe Remaud.

Tal e como recordou López Arias, Le Pommellec visitou Sarria en múltiples ocasións "e gañou a amizade e o aprecio de moitos sarriaos, tanto ao ser acollido nos seus domicilios nas xornadas de convivencia como ao recibilos na súa casa de Mûr de Bretagne".

O irmandamento cumpriu 20 anos en 2018. O próximo mes de xullo, un grupo de bretóns viaxará a Sarria dentro dos actos de intercambio.

Comentarios