Falece o condutor dunha furgoneta nun accidente en Láncara

O vehículo no que viaxaba chocou contra un camión

Accidente de Láncara. EP
photo_camera Accidente de Láncara. EP

O condutor dunha furgoneta, un home de 48 anos con iniciais C.A.J.F. faleceu esta madrugada en Láncara, en Lugo, logo de chocar o vehículo que conducía contra un camión, informou Urxencias. O home traballaba como repartidor de xornais.

Ata o lugar onde ocorreron os feitos desprazáronse os Bombeiros de Sarria, nada máis ser alertados polo 112 Galicia, que confirmaron a excarceración da vítima do interior do vehículo tras envorcar contra un valado e chocar contra o camión.

Accidente de tráfico en Láncara. EPO accidente ocorreu pasadas as 04.30 horas desta madrugada. Foi a esa hora cando o Centro Integrado de Atención ás Urxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que informaba dun choque entre un camión do leite e unha furgoneta.

Tamén o CIAE recibiu o aviso do persoal do 061. Alertaron dun accidente no lugar de Armea de Abaixo, no punto quilométrico 5.5 da LU-622, cunha persoa inconsciente e atrapada no interior do vehículo.

Os vehículos non entorpecían a circulación.

Así, enseguida, informouse da situación aos Bombeiros de Sarria que enseguida se desprazaron ao momento. Do mesmo xeito desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos axentes de Tráfico.

Comentarios