A exposición sobre Martín de Padrozelos recala a partir deste xoves no Incio

A mostra, que recolle nove cantigas de amigo e unha de amor, poderase ver ata o 5 de agosto na casa do Concello
Abre en Sarria la exposición sobre el trovador Martín de Padrozelos
photo_camera Inauguración da mostra en Sarria, o pasado mes de maio. AEP

A exposición que recolle as cantigas do trobador de Samos, Martín de Padrozelos, recalará este xoves, día 22 de xullo, no Incio. A mostra permanecerá na casa consistorial e poderase ver ata o 5 de agosto, de luns a venres polas mañás, de 9.00 a 14.00 horas. Para concertar visitas noutro horario, será preciso chamar ao número de teléfono 982.42.70.14.

Ao acto de presentación, que se celebrará o xoves ás 13.00 horas, asistirán o alcalde do Incio, Héctor Corujo, e o presidente da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (Apecsa), Xosé María García Palmeiro, que convidan a visitar a colección de doce paneis que recollen as nove cantigas de amigo e unha de amor de Padrozelos, así como un mapa elaborado por Xosé Vázquez que relaciona os lugares importantes na vida do trobador, nado na segunda metade do século XI, e aqueles que menciona nas súas composicións.

Así mesmo, esta exposición está organizada por Apecsa en colaboración co Concello do Incio e enmárcase no programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Comentarios