A escavación en Cova Eirós retomarase o 5 de agosto

A nova campaña arqueolóxica no xacemento de Triacastela durará tres semanas e contará cunha vintena de investigadores

photo_camera Restos fósiles achados en Cova Eirós. AEP

O 5 de agosto será o pistoletazo de saída a unha nova campaña arqueolóxica na Cova Eirós de Triacastela, financiada en base a un convenio entre a Consellería de Cultura e a Universidade de Santiago de Compostela.

Serán uns 20 investigadores os que prolongarán o traballo da campaña anterior no nivel 4 ata o 26 do mesmo mes. O curso pasado o traballo abarcou catro metros cadrados do nivel catro do xacemento, no que se acharon miles de artigos, mentres que no presente chegarase ata os 20 metros cadrados.

A principal diferenza entre os niveis 3 e 4 reside en que neste último os seres que habitaron a cova empregaron materiais como a cuarcita. Así mesmo, a pesar de que ambos os grupos pertencen ao Paleolítico Medio, tamén coñecido como a primeira etapa da Idade de Pedra, os habitantes do nivel 4 permaneceron máis tempo no xacemento.

En canto á análise da gran cantidade de material solicitado o curso pasado, non hai conclusións definitivas ata o momento. Arturo de Lombera, codirector das campañas arqueolóxicas en Cova Eirós, explica que os ditames non se realizan pola contía de material atopado, senón polo nivel estudado. Así mesmo, unha das conclusións é que os niveis 1 e 2 mostraron como os Homo Sapiens estiveron alí debido a tecnoloxía máis desenvolvida, como utensilios de cristal de roca para a caza de rebecos, aínda que de xeito máis breve que os seres dos niveis 3 e 4.

Este xacemento cobra moita relevancia, ao tratarse dun exemplo de estudo entre os Neardentales e os Sapiens. De Lombera aposta porque se continúe co proxecto no futuro, xa que "a investigación a longo prazo é a que amosa froitos" no campo da arqueoloxía. Exemplo diso son as pinturas rupestres, descubertas once anos logo de comezar as campañas.

A importancia do estudo da Cova Eirós de Triacastela non só se cingue aos achados. A parte das reliquias milenarias solicitadas, como objectos cerámicos, utensilios para a caza ou ósos de animais, o estudo do xacemento é un indicador para a datación do lugar, mostrando como vivían os antepasados lucenses fai miles de anos.

Pola súa banda, o investigador non ve probable que se produza un turismo de visitas in situ, debido á disposición e accesibilidade da cova para o público.

Con todo, engade que si se poderá gozar dos achados no futuro centro de interpretación de Cova Eirós, que se situará no edificio coñecido como A Casona, situado nas proximidades do albergue público de peregrinos. Alí poderanse ver as pezas máis salientables das máis de 20.000 recompiladas ata a data.

Comentarios