O exalcalde paramés sopesa concorrer ás eleccións como independente

Gumersindo Rodríguez Liz abandonou o PP e é concelleiro non adscrito desde que os populares decidiron fichar ao rexedor, José Luís López
photo_camera Gumersindo Rodríguez Liz (de pie), durante un pleno. AEP

O que foi alcalde da O Páramdurante 36 anos, Gumersindo Rodríguez Liz, sopesa presentarse como candidato independente ás eleccións municipais do mes de maio.

O exregidor popular e agora concelleiro non adscrito estaría a valorar volver á primeira liña, segundo puido saber este diario, aínda que el garda silencio.

Daría este paso logo da integración no PP da agrupación de electores Todo polo e de que o rexedor, José Luís López, pase a ser o candidato dos populares para os próximos comicios locais. Unha fichaxe que Gumersindo Rodríguez Liz non apoiou, pois, tras facerse público, anunciou que deixaba o grupo do PP e continuaba o mandato como concelleiro non adscrito.

Segundo sinalou naquel momento, rompeu as negociacións por strong <>non estar de acordo coa integración e rexistrou a súa petición de paso a non adscritos. Pola súa banda, os outros tres membros do grupo municipal popular apoiaron o paso de José Luís López e Todo polo Páramo ao partido.

Rodríguez Liz foi alcalde entre 1983 e 2019, encadeando nove mandatos consecutivos, primeiro baixo as siglas de Coalición Galega e logo co PP. Hai catro anos deu un paso atrás e concorreu aos comicios como número dous da lista dos populares. Entón a candidatura estivo encabezada por Verónica Arias.

De presentarse o exregidor serían polo menos catro as listas entre as que poderían elixir os veciños nas eleccións no Páramo. Ao PP habería que sumar o PSOE, que anunciou que dará a coñecer o seu candidato en próximas datas. Este substituirá a Pablo Armesto, quen comunicou que non repetirá como alcaldable dos socialistas tras catro mandatos. Pola súa banda, o BNG non desvelou por agora o nome da súa cabeza de lista.

Comentarios