lunes. 27.09.2021 |
El tiempo
lunes. 27.09.2021
El tiempo

Evoluciona ben a nena de dous anos que caeu do colo dun familiar

Entrada del Hula. SABELA FREIRE
A menor foi trasladada en helicóptero ao Hula. SABELA FREIRE
A menor perdeu o coñecemento momentaneamente tras o golpe

A nena de dous anos de idade que caeu o luns en Samos do colo dun familiar evoluciona ben. Tras caer quedou inconsciente e foron mobilizados un helicóptero, unha ambulancia do 061 e sanitarios do Punto de Atención Continuada (PAC) de Sarria para o seu posterior traslado ao Hula.

O suceso tivo lugar na parroquia de Pascais. Aínda que a pequena perdeu o coñecemento tras a caída, cando chegaron os efectivos de urxencias xa o recuperou. En calquera caso, decidiron trasladala por precaución ao Lucus Augusti para un recoñecemento médico. 

Evoluciona ben a nena de dous anos que caeu do colo dun familiar